Concerto para toda a familia no Auditorio

Tal e como podemos ler nas redes sociais da Agrupación Musical do Rosal, este sábado 18 de marzo terá lugar no Auditorio «un concerto para toda a familia».

“Noé, Noemí y Noemilia, siete animales y su familia». Xunto coa banda, os protagonistas serán a actriz, autora e narradora do conto, Belén Otxotorena e a música de Óscar Navarro e Andrés Valero. Inspirada nun divertido poema colombiano e nunha das historias máis antigas da humanidade, O Arca de Noé, a participación do público converterá a este concerto nun encontro entre as familias e a AMDOR.

A nosa convidada Belén Otxotorena, viaxará dende Pamplona para participar neste concerto. Belén, con estudoos musicais e de teatro é escritora e coatura de contos, guías didácticas e escribiu e deseñou relatos musicais para a familia. Facilita momentos máxicos coa súa presenza fronte aos músicos para chegar ó corazón e á intelixencia do público de maneira que recorden a experiencia do concerto e queiran volver. Ten participado realizando espectáculos con moitas bandas municipais de toda España, así como coa OSG – Orquestra Sinfónica de Galicia e a OSCyL – Orquesta Sinfónica de Castilla y León

Espectáculo en colaboración cos colexios San Xerome Emiliani e o CPI Manuel Suárez Marquier. As entradas, a 2.00 € (Puntos de venda: Auditorio, Milar-Teleson, Puntera Zapatos)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio