América, cabeza de cartel das Festas de Buxán (8 e 9 de abril)

Grupo América de Vigo (📸 G.A.V., 2017)

Un pracer colaborar dende Librería & Editorial Tamuxe coa Comisión das tradicionais Festas de Pascua de Buxán (A Guarda) que comezarán o vindeiro sábado 1 de abril, a partir das 22:00 horas, co XVI Serán na Praza.

Esta camiseta, doazón de Librería Tamuxe, será sorteada pola Comisión de Festas

O venres 7, Gran Partido de Fútbol Masculino Solteiros vs Casados no Estadio Municipal guardés. Haberá Cantina.

Xa o sábado 8 de abril, ás 11:00, Xogos Populares para nenos e ás 16:30 horas, para adultos (inscrición gratuíta, ambas)… lanzamento de aixada, as mazás, a rá…

A partir das 23:00 horas, gran verbena amenizada polo Trío X-Tra e o Grupo América. O recinto estará cuberto cunha gran carpa e non faltará a Cantina.

Como remate destas Festas, o domingo 9 de abril terá lugar a partir das 11:00 horas e durante todo o día a 24ª Gran Zorzada e Callos.

Ás 16:00 horas, concurso degustación na 24ª Festa do Biscoito. Haberá inchable e pintacaras para os nenos durante a tarde.

Ás 19:30 horas, actuación de Os Carunchos. Sábado e domingo, exposición Rostros (tinta e acuarelas da guardesa Lucía Baz Pacheco).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio