‘Rocío Regalos’ cumprirá 8 anos en O Rosal

📸 J.R. (Noticias O Rosal – Editorial Tamuxe)

O vindeiro sábado 23 de setembro, a partir das 17:00 horas, terá lugar a inauguración das novas instalacións de Rocío Regalos na rúa Couso, nº 34 baixo (enfronte ao Centro de Saúde de O Rosal).

En Rocío Regalos atoparás diversidade de bolsos, complementos e artigos personalizados, así como marcos, aromas e todo tipo de agasallos.

Tal e como lembra a NOTICIAS O ROSAL a súa xerente, Rocío Lomba Alfonso, «van xa camiño de 8 anos da nosa apertura, que foi o 11 de decembro de 2015 e queremos con esta ‘reinauguración’ festexalo cos nosos clientes e amigos».

Para iso, o mencionado sábado 23 de setembro, dende Rocío Regalos convidan a todo o mundo a uns aperitivos para coñecer o seu reformado local e a participar, ademais, no sorteo dun vale de 50 €.

Noraboa Rocío, desexámoste o mellor e a por moitos anos máis!! #Comerciolocal #ORosal

4 comentarios en “‘Rocío Regalos’ cumprirá 8 anos en O Rosal”

  1. La chica es muy amable y simpática.Tiene mucha variedad, novedades…y los artículos personalizados son increíbles .Ella misma te da ideas si tienes dudas y quedan chulísimos.Felicidades por esos 8 años y por muchos más.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio