Tom Ripley sobrevive en Nova York grazas ao seu enxeño para a estafa mentres soña cunha vida fácil. É un experto na falsificación de documentos e ten un extraordinario talento para imitar características persoais. Un día, o millonario Herbert Greenleaf ofrécelle unha viaxe a Europa para traer de volta o seu fillo Dickie, quen leva unha vida bohemia e pracenteira na costa italiana. Ripley acepta a misión e comeza a argallar plans para sacar todo o partido posible da súa experiencia en Italia. Pouco tardará en intimar con Dickie e oca súa amiga Marge, pero aos poucos Ripley desenvolverá unha relación morbosa e sedutora co seu novo amigo: adoptará os seus mesmos gustos e mesmo comezará a vestirse coa roupa de Dickie.
Hipnótica e brillante, O talento do señor Ripley, gañadora en 1957 do Grand Prix de Littérature Policière, alén de ser unha das obras mestras do suspense, transcendeu os códigos de xénero e supuxo o nacemento do sociópata máis fascinante da literatura universal.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.