Álvaro Cunqueiro, cultivador dos máis variados xéneros literarios, tivo como profesión a de xornalista. Sabida a importancia indiscutible da súa obra e das súas posibilidades estéticas e temáticas, este volume quere reivindicar a produción aparecida en El Pueblo Gallego entre 1932 e 1936, de capital importancia para a configuración e comprensión da obra cunqueiriana como poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, crítico e tradutor, tanto de Pre coma de Posguerra, e, sobre todo, desexa salientar o labor periodístico do mindoniense, tan brillante e rebordante de imaxinación nestes textos coma en calquera dos seus libros.
Clásicos, Libro, Libros en galego
O mundo e outras vésperas
19.00€
- Autor: Álvaro Cunqueiro.
- Colaboracións en «El Pueblo Gallego» (1932-1936).
- Número de páxinas: 222.
- Encadernación: Tapa branda.






Valoraciones
No hay valoraciones aún.