Vera faría calquera cousa por chamar a atención de Jan. E iso que as súas amigas non deixan de advertirlle: din que el non é coma os demais, que “non é normal”. Pero Vera non escoita. Decide lanzarse á aventura e seguir o que sente.
Porén, a aventura non chega tan axiña como ela agarda. Cando por fin parece que Jan responde ao seu interese, unha noite os dous acoden a unha festa misteriosa. Alí, Vera fai un descubrimento que a deixa profundamente perturbada e escandalizada.
NORMAL, DIFERENTE é unha fresca historia de amor nada convencional na que o barullo de emocións e prexuízos, o rexeitamento e o escándalo, a comprensión e a sensibilidade forman parte da actitude espontánea dunha persoa heterosexual namorada doutra homoxesual. Os conceptos de «normal» e «diferente» revelan o seu carácter relativo e perden importancia fronte á amizade e a aceptación do outro tal como é.






Valoraciones
No hay valoraciones aún.