Moitas persoas pensan que os malos tratos animais é un problema menor. Unha preocupación frívola do mundo occidental desenvolvido. Unha causa pequena superada en importancia por outras —terribles, indubidablemente—, que teñen como protagonista desgraciado ao propio ser humano. Sabemos que todas son importantes e requiren do esforzo e o compromiso de todos para combatelas.
Para as autoras deste libro, a frivolidade e o cinismo residen nas persoas indiferentes a esta e a todas as grandes causas. Este é un conto para nenos e para nenas que talvez non comprendan as palabras desta reflexión. Mais confían en que os verdadeiros receptores a quen as dirixen poidan traducilas en valores exemplares para os seus fillos e fillas. Un libro solidario.
Infantil, Libro, Libros de 2ª man, Libros en galego, Literatura infantil/xuvenil
Non deixarei de buscarte
11.00€
- A historia de Quin.
- Autores: Alicia Tojeiro Ríos, Esther Rey Oliveira e Antonio Fernández Amil.
- Número de páxinas: 62.
- Encadernación: Tapa branda.






Valoraciones
No hay valoraciones aún.