, , ,

Maternidades virtuosas. María do Cebreiro Rábade Villar

15.00

  • Unha crítica aos modelos profesionais de crianza.
  • PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2021.
  • Número de páxinas:‎ 164.
  • Encadernación: Tapa branda.

Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo da natalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeiro fillo. Estes factores contribúen a explicar a transferencia dunha serie de modelos extraídos do mundo do traballo no réxime neoliberal ás tarefas da crianza. Explorar os novos dispositivos parentais, e as súas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio, que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista, ao tempo que tenta explorar os límites da dimensión confesional do xénero.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Maternidades virtuosas. María do Cebreiro Rábade Villar”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio