, , , ,

Historia de dous amantes. Enea Silvio Piccolomini

15.00

  • Tradución, introdución e notas de Alfonso Blanco.
  • Encadernación: tapa branda.
  • Número de páxinas: 110.

O motivo de escribir o relato é compracer unha petición que lle fixera o seu amigo Mariano Sozzini: narrar unha historia de amor, ficticia ou real.

Piccolomini confesa que optou por contar a historia dos amores adúlteros entre un home do séquito do emperador Sexismundo, chamado Euríalo, e unha muller casada, de nome Lucrecia.

Basada nunha relación amorosa que Kaspar Schlick, a quen vai dedicada a obra, tivo durante unha estadía en Siena.
O autor inscríbese nun uso narrativo típico da Idade Media, que chegou ata o Renacemento e mesmo ata os nosos días: asegurar ao lector que o que se vai contar é un feito verídico. 
Un dos escritores que se valeu desta declaración de verosimilitude nos seus relatos foi Giovanni Boccaccio (1313-1375), en cuxo Decamerón identificamos un dos espellos no que Piccolomini se mirou á hora de compoñer a súa historia.
Enea Silvio Piccolomini era un home que coñecía moi ben a literatura clásica, en particular a latina, é foi un ávido lector de Virxilio, Cicerón e Ovidio.  Na Historia de dous amantes foi espallando varias das súas referencias literarias clásicas, coa idea de que o lector culto gozase dunha narración que se poderia cualificar de hipertextual.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Historia de dous amantes. Enea Silvio Piccolomini”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio