, ,

Días felices con Fábia. Xosé Cermeño

11.00

  • Encadernación: tapa branda.
  • Número de páxinas: 238.
  • Estado: en perfecto estado de conservación.

Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto.

Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece a Fábia, unha bióloga que vai remover case todo na súa vida.

As historias de amor empezan sempre cunha mentira. Sabémolo, e facemos coma se non o soubésemos. Deixamos que todo siga o seu curso, porque nos satisfai a eficacia das nosas trampas ou porque admiramos a arte das mentiras alleas, como pasa nos espectáculos de maxia. A graza do asunto é que sempre vivimos o amor coma se fose o sentimento máis auténtico.

O protagonista vai anotando no seu caderno curiosas historias reais de mentireiros falsificadores e doutros trampulleiros notables que nos axudan a saber algo mais sobre el mesmo e as súas circunstancias. Amor, mentiras e melancolía. Tamén unhas pingas de humor, habituais na obra de Xosé Cermeño, para unha historia diferente.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Días felices con Fábia. Xosé Cermeño”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio