, ,

De Compostela a Braga e de Braga a Compostela

15.00

O Pío Latrocinio e outras velas inimizades.

  • Autor: Miguel Vázquez Freire.
  • Número de páxinas: 102.

Este texto naceu en resposta a unha petición que o autor recibiu da editorial para axudar a cubrir un oco en relación cun tema, o Pío Latrocinio perpetrado polo arcebispo compostelán don Diego Xelmírez en varias igrexas de Braga, que abriu un período histórico de hostilidade entre a sé compostelá e a bracarense que tardaría séculos en superarse.

Aínda que o tema ten recibido cumprida atención en múltiples estudos históricos, sorprendentemente non tivo o eco na memoria popular que, segundo pensamos autor e editor, cabería agardar. Ese é o oco que se pretende atender e, a partir del, apuntar apenas algunhas outras vellas inimizades que algo fixeron para que galegos e portugueses, veciños e irmáns en tantas cousas, viviran moito tempo, sempre demasiado, de costas viradas.

Ter coñecemento delas se cadra, iso agardamos, poderá contribuír a que, onde onte houbo inimizade, haxa hoxe e mañá o que nunca debeu faltar: amizade e irmandade.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “De Compostela a Braga e de Braga a Compostela”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio