, ,

Conversas con Paco del Riego. Perfecto Conde

9.90

  • Encadernación: tapa branda

O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que lles fose ocorrendo. Este libro é o resultado das conversas que durante máis de oito días mantiveron o veterano galeguista falecido en 2010 e o xornalista que «igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición de detective», en palabras de Manuel Rivas.

Estamos ante un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históticas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Conversas con Paco del Riego. Perfecto Conde”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio