, , ,

A mística da feminidade en Mad Men Xosé Antón Cascudo

18.00

  • Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022.
  • Número de páxinas: 174.
  • Encadernación: Tapa branda

Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV Mad Men (AMC, 2007-2015) e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave da “segunda onda” do feminismo. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década de 1960, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión. Betty Draper, un dos personaxes principais da serie, representa o paradigma da mística da feminidade, pois amosa todos os síntomas das mulleres de clase media da época, consagradas aos labores domésticos a pesar de acadar os seus dereitos políticos e civís antes da 2GM. Abórdase tamén o estigma que supón o concepto de muller de carreira a través doutros personaxes, como Peggy Olson e Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A mística da feminidade en Mad Men Xosé Antón Cascudo”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio