, ,

A curmá Phillis

15.00

  • Autora: Elizabeth Gaskell.
  • Número de páxinas: 152.

A curmá Phillis, publicada en catro partes entre 1863 e 1864 na prestixiosa revista literaria de Londres The Cornhill Magazine,  conta a historia da curmá segunda do narrador, Paul Manning, a partir de que este a coñeza sendo mozo e, sen pretendelo, trastorne o seu destino.

A autora aborda o tema da sedución, os seus perigos e contrapartidas. Ademais de afondar no tratamento da intimidade da auténtica protagonista, Phillis, vista sempre dende a ollada de Paul, quen se sente fascinado tanto pola súa beleza coma polo seu talento natural e a curiosidade constante respecto de todo aquilo relacionado coa cultura.

No campo da narrativa breve, poida que esta peza de Gaskell sexa a máis lograda da súa ampla produción, na medida na que aparecen ben representados os múltiples arquetipos rurais e vitorianos, nun marco inspirado no Cheshire da infancia da autora (no noroeste de Inglaterra, onde vivía a súa tía, quen a educou).

O éxito da novela débese ás sinxelas e sutís descricións de ambientes e personaxes e á acertada contraposición da realidade labrega e o mundo industrializado. Outros aspectos que a crítica adoita salientar son a fluidez imprimida á trama, sen excesivas ramificacións, o humor sutil, o final aberto e mais a autonomía da protagonista, unha personaxe complexa que non se axusta aos estereotipos esperables.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A curmá Phillis”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio