, ,

A conta atrás. Carlos Portela e Sergi San Julián

15.00

  • Encadernación: Tapa dura.
  • Número de páxinas: 98

Transcorreu un ano dende a marea negra. Otero, conselleiro do goberno autonómico, presenta aos medios de comunicación unha campaña propagandística que anuncia a limpeza total das praias e a recuperación do sector pesqueiro. A campaña é, en realidade, un exercicio de manipulación informativa no que interveñen políticos e xornalistas. Con Otero, coñecemos o resto dos personaxes desta historia: unha ambiciosa presentadora de televisión, un pescador en paro, un mariñeiro que fixo negocio da desfeita ecolóxica, un xornalista desencantado e un activista a favor do voluntariado. A marea negra colocounos aquí e agora, pero, como chegaron a este punto?

A conta atrás é unha viaxe no tempo. Arrinca un ano logo da marea negra e vai repasando en sentido inverso, indo cara atrás no tempo, a historia do desastre ata chegar como era a vida dos protagonistas antes do naufraxio. Todos son capítulos desta historia, unha conta atrás que nos presenta aos seus protagonistas nun antes e un despois. A marea negra como un punto de inflexión nas súas vidas, marcándoas para sempre e decidindo que clase de persoas son agora e como chegaron ata aquí. Unha viaxe que afonda nos porqués das cousas.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A conta atrás. Carlos Portela e Sergi San Julián”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio