O Spartan Team comeza a competición en Marín

Segundo informa o noso amigo, o mestre de artes marciais Charly López, esta fin de semana comeza a tempada competitiva para o Spartan Team, que se desprazará ata Marín con dous deportistas para participar no III Open Villa de Marín.

Filipe Amoedo, actual Campión Galego dos 71kg (super welter) estará competindo na categoría élite e pola súa banda, o mozo Luis Alberto fará o seu debut nas 16 cordas na categoría junior, aínda que tamén como super welter. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio