O Entroido de Novás celébrase do 11 ao 13 de febreiro

A Comisión de Festas de San Xosé Obreiro, organizadora do Entroido de Novás, vén de anunciar hai uns intres o seu cartel para este ano 2024.

O domingo 11 de febreiro terá lugar a Subida do Maio (16:30 horas). Ademais contará coa actuación da murga Airiños do Cereixo e mesmo haberá hinchable, xogos populares ou aínda chocolate quente e rosca.

O luns 12, tamén ás 16:30 horas, celebrarase a Corrida do Galo para logo dar paso a unha novidade: un touro mecánico.

Xa o martes 13, a partir das 18:00 horas, a tradicional Frixidela con pan de millo e viño para todos. A música estará a cargo do rosaleiro Roberto Caco.

O recinto de festas estará cuberto cunha carpa. Máis info aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio