Nova charla en O Rosal sobre o dano cerebral adquirido

📷✍️ Concello O Rosal.

O Centro Social Polivalente acollerá o martes 12 de maio unha charla sobre causas, secuelas e recursos de atención organizada en colaboración con Dano Cerebral Galicia.

Comprender o que acontece no cerebro pode marcar a diferenza entre a incerteza e a capacidade de actuar. Por iso, o Concello do Rosal continúa reforzando o seu compromiso coa educación sanitaria cunha nova sesión da Escola da Saúde, nesta ocasión dedicada ao dano cerebral adquirido.

actividade, organizada en colaboración con Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega da Saúde para Cidadáns do Sergas, celebrarase o vindeiro martes 12 de maio de 17.00 a 18.30 horas no Centro Social Polivalente.

Durante a charla abordaranse cuestións clave como as principais causas do dano cerebral adquirido, como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos; as posibles secuelas e os recursos dispoñibles para a atención e recuperación das persoas afectadas.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destaca a importancia de achegar información clara e rigorosa á veciñanza para avanzar na prevención, detección e acompañamento en situacións de saúde complexas. Ademais, sinala que a Escola da Saúde é un espazo de aprendizaxe colectiva que contribúe a crear unha comunidade máis informada e solidaria.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodríguez, subliña o carácter práctico destas sesións, que ofrecen ferramentas útiles para comprender mellor estas realidades, saber como actuar e coñecer onde acudir, tanto a nivel persoal como para apoiar a familiares ou persoas próximas. Tamén anima á participación, lembrando que informarse é unha forma de coidarse e de coidar.

As persoas interesadas deberán realizar inscrición previa chamando aos teléfonos 652 770 653 ou 881 943 148, ou a través da páxina web habilitada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio