Noticias O Rosal nacía un venres 16 de maio de 2008. Como saben os nosos lectores, ao ser un medio de comunicación independente e apolítico, todos estes anos publicamos con total liberdade e tan só información xerada por nós ou remitida polos nosos colaboradores, e sempre de índole histórica, cultural e deportiva.
Por suposto, non cabe dúbida, que como sempre, por responsabilidade e solidariedade, unha das nosas funcións é, na medida do posible, colaborar cos entes e asociacións municipais e da Comarca na divulgacion de comunicados de interese social, cultural e deportivo.
Agora, nesta sinalada efeméride, que conmemora en 2023 o XV Aniversario de Noticias O Rosal e coa apertura ao público de Librería & Editorial Tamuxe nas inmediacións da céntrica Praza do Calvario de O Rosal (Pontevedra), acollemos nun mesmo sitio web toda a nosa faceta informativa e cultural.
Lembra que, se aínda non o fixeches, podes seguirnos tamén nas RRSS, tanto no Facebook, como no Twitter e Instagram!
Sen máis, convidámoste a visitarnos na rúa Jesús Noya, nº 1 (ao lado da Farmacia, enfronte á Liga de Amigos). Para calquera cousa, non dubides en escribirnos a info@editorialtamuxe.com
Moitas grazas de corazón a tod@s por estes 15 anos!