
En Librería & Editorial Tamuxe seguimos colaborando -dende a nosa apertura o pasado 17 de maio de 2022- cos diferentes centros de ensinanza de O Rosal.

Se hai uns meses o facíamos en Nadal coa doazón de libros á ANPA do Colexio Manuel Suárez Marquier, recentemente, repetimos experiencia durante o Entroido en Novás cos escolares do CRA María Zambrano.

Así, os máis pequenos do CRA puideron disfrutar de agasallos como unha simpática camiseta Mazinger Celta e libros como Un conto ao revés de Chuches Amil (Ed. Galaxia) e Xiqui Xoque, Fiu Fiu! María Fumasa, de Uxía (Ed. Galaxia).