✍️📸 Spartan Team Tomiño
O vindeiro sábado 11 de maio volve o boxeo a Porriño da man do clube Ckm Combat e Spartan Team de Tomiño que serán os encargados de organizar un evento no que os aficionados poderán desfrutar de combates amateurs, neoprofesionais e mesmo boxeo profesional.
Contarase coa presenza de púxiles e clubes que se achegarán dende Salceda (Kick&box Salceda), Vigo (Luciano Team, Flow Combat), Marín (Team Thunder) ou mesmo dende Guimaraes (Vitoriqa boxe Portugal) para enfrontar e acompañar neste gran evento aos púxiles locais, David López, Luis Alberto e Filipe Amoedo do Spartan Team de Tomiño nos seus combates amateurs; Sara Vieitez e Álex Castro do clube Ckm de Mos disputarán combates de boxeo neoprofesional e como combate estelar e para fechar o evento, Charly «Spartan» López do Spartan disputará o seu sexto combate de boxeo profesional.
As entradas anticipadas xa dispoñibles en
-SAFARI (Porriño)
-CKM (Mos)
-ALIRON (Porriño)
-SPARTAN TEAM (Goián-Tomiño)
-FLOW COMBAT (Vigo)
-KICK&BOX (Salceda)
-LUCIANO TEAM (Vigo)