Andaina pola Senda dos Pescadores (O Rosal)

📷✍️ Concello de O Rosal

Senda dos Pescadores do río Carballas: andaina o 25 de abril en O Rosal.

O Concello de O Rosal organiza o vindeiro 25 de abril de 2026 unha andaina pola Senda dos Pescadores do río Carballas, un percorrido balizado e totalmente chan que conecta a área de lecer das Aceñas, no curso baixo do río Carballas, coa praia das Eiras.

A actividade dará comezo ás 10:00 horas e terá unha duración aproximada de 3 horas, cun regreso previsto arredor das 13:00 horas. A ruta, de 8 quilómetros de distancia, presenta unha dificultade baixa-moderada, sendo unha senda sen desniveis, ideal para todo tipo de participantes.

O número máximo de asistentes está limitado a 30 persoas, polo que é imprescindible realizar inscrición previa mediante formulario.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio