📸 Google / J.R. / Noticias O Rosal
Logo de distintas limitacións e impedimentos durante meses polas obras da Praza do Calvario, tal e como podemos ler en RRSS, segundo o acordo de gobernabilidade no concello do Rosal e grazas a unha das propostas realizadas, “a rúa Couso (zona da farmacia) e baixada da rúa Jesús Noya (pegada á Liga) volven ao seu funcionamento anterior, sen restricións ó tráfico rodado“.
No comunicado pódese ler que “foron retiradas as sinais que só permitían a peóns e residentes. Dita sinal foi reubicada á entrada da Praza, quedando a zona alta de Couso con libre circulación de vehículos.
Polo lado dereito, con aparcamentos prioritarios a minusválidos e servizos á farmacia así como motos; polo esquerdo, unha zona de tránsito para peóns”. “A rúa Jesus Noya, circulación de vehículos e libre aparcamento“.
Neste caso concreto, dende Librería & Editorial Tamuxe (sede tamén de Noticias O Rosal) e a falta de que se acondicione o firme da estrada, só nos queda dar o noso máis sincero agradecemento a aquelas persoas que defenden o comercio local da vila e loitaron para que a rúa Jesús Noya volvese ao seu funcionamento de sempre.
Estoy muy contenta porque me parecia muy injusta esa decision .