A tradicional Romaría de San Martiño que ía celebrarase en O Rosal este domingo 12, pasa debido ao mal tempo, ao vindeiro domingo 19 de novembro de 2023.
Tal e como podemos ler no cartel, o sábado 11 (día propio) celebrarase unha misa ás 18:30 horas na igrexa parroquial de Santa Martiña.
Xa o domingo 19, ás 10:30 horas, terá lugar a saída do Santo en procesión ata a ermida no Campo do Couto, onde ás 12:00 horas se oficiará unha misa solemne con procesión.
A Romaría de San Martiño, como é habitual cada ano, estará animada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal.
NOTA: O sábado 11 a capela estará aberta durante todo o día. Ademais, se o tempo non acompañase os actos trasladaríanse para o domingo 26 de novembro.