O Concello do Rosal propón catro actividades gratuítas para vivir unha Semana Santa diferente, pensadas para todas as idades e centradas na natureza, o patrimonio e a experiencia compartida.
Baixo esta proposta, veciñanza e visitantes poderán participar en paseos interpretativos, xogos en familia e actividades didácticas que poñen en valor espazos emblemáticos do municipio como os muíños do Folón e Picón ou o Museo do Cabaqueiro.
Todas as actividades contan con prazas limitadas, polo que requiren inscrición previa.

MÉRCORES 1 DE ABRIL. Actividade familiar e pequenos/as cabaqueiros/as.
Unha experiencia para achegarse ao tradicional oficio dos telleiros a través de dinámicas lúdicas na contorna da Praza do Calvario e do Museo do Cabaqueiro.
Horario: 11.00–13.30 h. Punto de encontro: Monumento Cabaqueiro.
XOVES 2 DE ABRIL. Actividade familiar e primavera nos muiños.
Unha actividade que combina xogos, adiviñas e sorpresas para descubrir a cultura dos muíños en familia.
Horario: 11.00–13.30 h. Punto de encontro: Muiño Nº1 do Folón
VENRES 3 DE ABRIL. Paseo sensorial «Cata o lugar» Muiños.
Ruta interpretativas polos muíños do Folón e Picón na que as persoas participantes poderán descubrir a contorna activando os cinco sentidos: escoitar a auga, percibir os aromas do monte, sentir as texturas ou identificar sabores ligados ao territorio.
Percorrido circular de 3,5 km (con pendente e chan irregular)
Horario: 17.00–19.00 h. Punto de encontro: Muiño Nº1 do Folón
SÁBADO 4 DE ABRIL. Paseo sensorial «Cata o lugar» Muiños.
Segunda Ruta interpretativas polos muíños do Folón e Picón co mesmo percorrido circular.
Horario: 11.00–13.30 h. Punto de encontro: Muiño Nº1 do Folón.
Ademais, esta Semana Santa o concello volverá converterse na capital do fútbol base con máis de 350 nenos participantes nunha nova edición do torneo internacional ORosalCup. Unha cita emblemática organizada pola UD Ribera que terá lugar o 3 e 4 de abril nas instalacións deportivas da Mata. Un torneo transfronteiriza de categoría infantil na que perticiparán dous equipos de primeiro nivel portugueses.
Así mesmo, os vindeiros 1, 2 e 3 de abril, a Praza do Calvario acollerá a visita da campaña ‘Sabores da ría’ da Deputación de Pontevedra, que busca enaltecer as festas gastronómicas coa presenza de tres foodtrucks que darán petiscos gratuítos e repartirá agasallos. Estará de 12.00 a 18.00 horas.
Por outra banda, tras o éxito da terceira edición do roteiro ‘A lingua das aves’ e dada a alta demanda, o domingo 5 de abril o Concello celebra unha nova saída para aprender a identificar aves mediante o seu canto.
Un novo percorrido dende o Parque do Tamuxe ata a Área Recreativa das Aceñas de aproximadamente un quilómetro, dificultade baixa e accesible que estará guiado por Lorena Franco, de Biophilia, e Manu Sobrino, de El Naturalista Cojo, expertos no estudo da fauna local que acompañarán aos participantes durante toda a ruta.
As persoas interesadas nestas actividades poderán inscribirse previamente a través do teléfono ou do WhatsApp no 677 78 32 96 ou no correo electrónico patri@amodoturismo.com.
Con esta programación, o Concello do Rosal convida a vivir unha Semana Santa diferente, na que cada paso se converta nunha oportunidade para redescubrir o territorio desde unha ollada máis consciente, sensorial e emocional.
